Noticias

Ourense xoga contra o cancro de mama

Ourense volverá xogar contra o cancro de mama co VI Partido Benéfico, que se disputará o xoves 22 de outubro, ás 19:00 h, no Campo Municipal de Oira, con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama.

Baixo o lema “Tomámolo a peito”, enfrontaranse a EFF Rosalía e Mulleres de Ourense nunha xornada solidaria organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense.

Ourense xoga contra o cancro de mama

As entradas teñen un prezo de 5 euros e están limitadas a 1.000 localidades. A recadación destinarase á investigación contra o cancro de mama. Tamén será posible colaborar mediante a fila cero.

Ourense xoga contra o cancro de mama
Foto: AECC Ourense.

Durante o descanso haberá sorteos de agasallos achegados por empresas e entidades colaboradoras. O encontro poderá seguirse tamén pola canle de YouTube da EFF Rosalía.

As entradas están dispoñibles na sede da AECC en Ourense, na súa oficina do CHUO, na sede da EFF Rosalía, na Cafetería Pabellón e a través de representantes dos grupos municipais.

Botón volver arriba