Noticias

Alba de Evan e Xabier Domínguez presentan Segredos Soterrados

Os escritores Alba de Evan e Xabier Domínguez presentan o libro xuvenil Segredos Soterrados, obra que supón o vixésimo traballo literario dos autores.

Nos últimos anos, estes escritores da Limia están creando un atractivo catálogo de libros que teñen como destinatarios a un público principalmente infantil e xuvenil.

A literatura pode ser empregada cos máis pequenos para acadar a concienciación medioambiental, achegar ós grandes autores como Rosalía de Castro ou introducilos nos grandes acontecementos históricos.

Alba de Evan e Xabier Domínguez presentan Segredos Soterrados
Alba de Evan e Xabier Domínguez, autores de Segredos Soterrados

Este é o caso do libro Segredos Soterrados no que os autores nos trasladan á época da II Guerra Mundial. Durante aqueles anos existiu unha escasa presenza dos nazis en Galicia. O público xuvenil ó que vai dirixido o libro coñecerá a historia da man dos catro protagonistas: Anxela, Sabela, Jorge e a gata Morriña.

Elementos como un avión dos aliados ou unha mina abandonada serán elementos transcendentais na trama que mostrará a presenza dos nazis en Galicia. No fondo de toda a historia, un tesouro agochado e numerosas tramas do poder na sombra.

Alba de Evan e Xabier Domínguez presentan Segredos Soterrados

Botón volver arriba