Eventos

Alba Garrido presenta De Galicia a Mauthausen

A escritora e investigadora Alba Garrido presente este martes, 12 de decembro, o seu traballo «De Galicia a Mauthausen» no Espazo Lector Nobel.

Graduada en historia e cun Máster e un Doutorado en Historia Contemporánea, Alba Garrido ten realizado unha extensa labor de investigación ó redor dos exiliados republicanos e os galegos que estiveron nos campos de concentración durante a segunda guerra mundial.

Alba Garrido presenta De Galicia a Mauthausen

Alba Garrido presenta De Galicia a Mauthausen

O libro «De Galicia a Mauthausen« conta a historia dos galegos que sufriron a crueldade dos campos de concentración do III Reich. Máis de 200 galegos estiveron presos neste tipo de instalacións nas que moitos deles finaron.

O traballo de investigación realizado por Alba Garrido afonda no contexto vital destas persoas, as súas orixes e o recordo da súa experiencia. Unha testemuña para non esquecer un episodio dramático da nosa historia e por as bases de futuras investigacións sobre este suceso.

O acto de presentación deste libro terá lugar mañá martes, 12 de outubro, no Espazo Lector Nobel ás 19:30h. O catedrático de Historia da Universidade de Vigo, Don Julio Prada, acompañará á escritora.

Alba Garrido presenta De Galicia a Mauthausen

Botón volver arriba