Allariz de Medo é a interesante proposta que atoparemos para celebrar o Samaín durante os días 28, 29, 30 e 31 de outubro.
A vila de Allariz tamén contará cunha programación especial con motivo da celebración da Festa do Samaín.
Allariz de Medo para celebrar o Samaín
Esta programación dará comezo o venres, 28 de outubro cun «Roteiro de Ánimas infantís» e rematará o luns, 31 de outubro, coa noite de Samaín.
Temos desta forma unha interesante programación de Samaín neste ano 2022 que se suma ás xa coñecidas noutras localidades da provincia de Ourense. A maioría dos concellos están facendo un esforzo por dar relevancia a esta celebración como é o caso da Festa de Samaín de Ourense.
Programa de Samaín 2022 en Allariz
- Venres, 28 de outubro
20h – Roteiro de Ánimas Infantís – Dende Santo Estevo ao alto do Portelo (nenos de 6 a 12 anos) - Sábado, 29 de outubro
12h – Contos de Medo que deixan durmir (No mercado da reserva)
16h – Obradoiro de Cabazas – na paneira (nenos de 6 a 12 anos)
23h – Festa Mocidade Allariz de Medo – Discomóbil Apocalipse (Campo dos Brancos) - Domingo, 30 de outubro
20h – Animación na rúa - Luns, 31 de outubro
20h – A Santa Compaña (Rúas de Allariz)
23h – Noite de Samaín – Discomóbil Space (Praza Maior)