Eventos

Ourense terá o mellor Samaín de Galicia

Programación completa

O concello de Ourense terá o mellor Samaín de Galicia segundo indicou o alcalde Pérez Jácome na presentación das actividades programadas.

Xa coñecemos a programación completa do Samaín 2022 no concello de Ourense. O concerto de Mago de Oz ou a participación de máis de 300 artistas convertirán o centro histórico de Ourense nun terrorífico escenario.

Ourense terá o mellor Samaín de Galicia

No products found.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, indicou na presentación da programación do Samaín 2022 que se trata do «mellor Halloween de Galicia e un dos mellores de toda España». Non faltarán nesta edición a pasaxe do terror, o Día de mortos de México, música de DJ e o gran concerto que o grupo Mago de Oz celebrará en Ourense.

Samaín 2022 en Ourense

A xornada do 31 de outubro será una data de gran relevancia. O concello puxo un especial interese en converter esta festa nun referente. «Non esperes a morrer para coñecer o inferno, ven a Ourense!», resaltou Pérez Jácome.

Programación do Samaín 2022 en Ourense

A programación da Noite de Medo terá lugar o 31 de outubro de 2022 na cidade de Ourense.

  • 17h – Obradoiro de Cabazas (Praza Manuel Sueiro)
  • 18h – Día de Mortos (Padre Feijóo)
  • 19h – A Noite dos mortos (Praza Maior e rúas da cidade)
  • 19h – Chaioso de medo (Praza Maior e Santa Eufemia)
  • 19:15h – Desfile de Cabazas (Praza Saco e Arce, Rúa Colón e Praza Maior)
  • 19:30h – DJ DMO (Praza Maior)
  • 20:30h – Ourense de Medo (Praza Maior e rúas da cidade)
  • 21h – Día de Mortos (Rúas da cidade)
  • 23h – Concerto de Mago de Oz (Rúa do Progreso)
  • 00:30h – Santa Compaña (desfile itinerante pola Rúa do Paseo e Casco Vello)
  • 00:30h – Morreu a Isabeliña (Praza Maior e Casco Vello)
Ourense terá o mellor Samaín de Galicia

Botón volver arriba