O Entroido de Allariz terá programación para todas as idades na edición de 2023 que comeza o día 16 e remata o 22 de febreiro.
Música, festas infantís, desfiles e unha cachuchada son algunhas das propostas que atoparemos en Allariz durante o Entroido deste ano.
O Entroido de Allariz terá programación para todas as idades
O programa de actividades que organizou o concello de Allariz supón un importante reclamo para todos aqueles que decidan visitar esta localidade para celebrar o Entroido.
Programa de actividades
Xoves, 16 de febreiro
- Xoves de Comadres coa animación da charanga Achicoria (20:30h)
Venres, 17 de febreiro
- Noite de Entroido na Praza Maior con Dj Marcox e Dj Paulo (1:30h)
Domingo, 19 de febreiro
- Charanga Cubalibre polas rúas de allariz (12h)
Luns, 20 de febreiro
- Festa Infantil na Praza Maior con Dj Marcox e Dj Paulo (17:30h)
- Cachuchada no Campo da Barreira (21:30h)
- Pasarrúas coa charanga El Tattoo
Martes, 21 de febreiro
- Pasarrúas de Los Fugitivos
- Baile de Entroido e Concurso de Comparsas (18h)
- Animación de Space Discomóvil
Mércores, 22 de febreiro
- Pranto de Entroido (20h)
Concurso de Comparsas
Durante a celebración do Baile de Entroido (martes, 21 de febreiro) terá lugar o Concurso de Comparsas. O 17 de febreiro é o último día para anotarse neste concurso onde se valorará a orixinalidade, elaboración e escenificación dos disfraces.
Todas as comparsas deben contar cun mínimo de 10 compoñentes para optar os premios. O primeiro clasificado levará un premio de 250€, 200€ para o segundo e 150€ para o terceiro.