A guía ilustrada do Entroido galego, publicada por Edicións Xerais e creada por Xabier Domínguez, Alba De Evan e Iria Prol, foi distinguida co Premio Follas Novas 2026.
Esta obra recibiu o premio na categoría de mellor iniciativa bibliográfica durante a gala celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
“A guía ilustrada do Entroido galego” gaña o Premio Follas Novas 2026
A obra, dirixida especialmente ao público infantil e familiar, percorre os entroidos máis representativos de Galicia, explicando as súas orixes, personaxes e singularidades cun formato visual e didáctico que pon en valor o patrimonio inmaterial galego.

Desde a editorial destacaron este recoñecemento como un impulso ás propostas que contribúen a preservar e divulgar a cultura galega.
