Eventos

Animación musical no domingo de Entroido de Xinzo

Moita animación musical no domingo de Entroido de Xinzo de Limia que contará coa presenza de varias charangas actuando durante todo o día.

O Entroido é unha festa que ten nas charangas unha das súas mellores ferramentas para crear a animación necesaria nas rúas.

Animación musical no domingo de Entroido de Xinzo

No products found.

Unha das localidades onde a presenza destas agrupacións musicais é máis destacada é Xinzo de Limia. No Domingo de Entroido, ata seis charangas estarán actuando polas rúas da vila para animar un dos días grandes do Entroido 2023.

  • 11:30h – Alborada e cabezudos coa Agrupación Musical da Limia
  • 12h – 15h – Charangas La Nota e Achicoria
  • 18h – 22h – Charangas Toq’s Band e Os Caliqueños
  • 19h – Orquestra La Oca Band
  • 22h – 03:00h – Charangas BCB e Los Fugitivos
Animación musical no domingo de Entroido de Xinzo

Botón volver arriba