Anuncian o fallo dos premios Rebulir da Cultura Galega 2023 trala reunión do xurado que escolleu ós premiados nas categorías Música Galega, Artes Escénicas e Homenaxe.
Desde a súa creación no ano 2012, os Premios Rebulir teñen recoñecido a numerosas personalidades e colectivos que contribúen á difusión e posta en valor da cultura Galega.
Anuncian os premios Rebulir da Cultura Galega 2023
Fina Calleja, Méndez Ferrín, Rosa Cedrón, Carlos Blanco ou Xosé Ramón Gayoso son algúns dos premiados nas anteriores edicións. En 2023, a entrega dos galardóns terá lugar o sábado, 16 de decembro de 2023, coincidindo coa gala central do FIR 2023.
Xurado dos XII Premios Rebulir
Na edición de 2023, o xurado estivo constituído por:
- PRESIDENTA DO XURADO
Dna. Sandra González Sousa (Presidenta da AC. Rebulir) - SECRETARIO DO XURADO
D. Alexandre Sotelino Losada (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Director artístico/académico do FIR) - VOGAIS:
Dna. Sandra Quintas Vázquez (Coordinadora do Servizo de Cultura da Xunta de Galicia)
D. Rosendo L. Fernández (Deputado da Deputación de Ourense)
Dna. Isabel Gil Álvarez (Alcaldesa do Concello de Ramirás)
D. Manuel Edreira Buela (Músico)
D. Iván García García (Xestor Cultural)
Dna. Eva Tato e Galicia Gutíerrez (Actrices e profesoras de Teatro – voto único-)
D. Álvaro Pérez Marqués (Profesor de Música e Titulado superior en Acordeón)
Dna. Susana Durán González (Directora Admin. do FIR)
Fallo do Xurado dos XII Premios Rebulir da Cultura Galega 2023
O Xurado da XII edición dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2023, reunido en sesión ordinaria decidiu outorgar estes galardóns a:
1. CATEGORIA MÚSICA GALEGA: A XURXO FERNÁNDES por representar a interculturalidade desde o eido musical e poñer en valor o propio sen deixar de conectar co alleo.
2.CATEGORÍA ARTES ESCÉNICAS: O actor LUIS ZAHERA pola súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación sen renunciar nunca a súa esencia e raigame galega.
3. CATEGORIA HOMENAXE: ao programa da Radio Galega LUME NA PALLEIRA por ser un dos máximos expoñentes da difusión da música tradicional e da cultura de base desde fai máis de 25 anos.