Eventos

O Apalpador visita Barbadás

O Apalpador visita Barbadás esta tarde para realizar un percorrido polas rúas da Valenzá no que contará con acompañamento musical.

Barbadás prosegue coa súa programación de Nadal e contará nesta ocasión coa visita dunha figura que gañou gran relevancia nos últimos anos.

O Apalpador visita Barbadás

O Apalpador visitará A Valenzá a partir das 18h para comezar un percorrido xunto á Glorieta da Familia. Un paseo ata a praza vella e regreso pola Avenida de Celanova permitirá á veciñanza gozar con esta visita.

¿Quen é o Apalpador?

O Apalpador é coñecido por tocar ós nenos mentres dormen para determinar se foron bos ou malos ao longo do ano. Se os nenos foron bos, deixa agasallos, xeralmente na forma de doces, castañas ou pequenos presentes.

Botón volver arriba