Desde a plataforma en defensa da Universidade Popular de Ourense presentan unha iniciativa para coñecer a Arte actual en Ourense.
Esta proposta pretende achegar á cidadanía o traballo que as Galerías de Arte da cidade realizan en prol da cultura.
A Arte actual en Ourense
Olga Pastor será a experta que guiará ós participantes nesta actividade que os levará a visitar tres espazos expositivos existentes en Ourense. As Galerías de Arte Dodó Dadá, Visol e Marisa Marimón abrirán as súas portas este sábado, 21 de outubro, para recibir ás persoas que participen nesta actividade.
A plataforma en defensa da Universidade Popular de Ourense continúa deste xeito a súa aposta por ofrecer unha atractiva programación de actividades á cidadanía.