Noticias

A Asociación Rebulir entrega 400 Kg de alimentos

A Asociación Rebulir entrega 400 Kg de alimentos ó Banco de Alimentos de Ourense trala finalización da campaña de doazón realizada.

No transcurso do Nadal, a Asociación Rebulir puña en marcha unha campaña de recollida de alimentos. Do mesmo xeito, solicitouse ós veciños do concello de Ramirás e os membros da asociación que participasen na campaña de doazón e tamén se destinou á adquisición de alimentos o diñeiro recadado durante a Gala do Festival Internacional.

Todas estas propostas deron como resultado unha entrega de 400 Kg de alimentos e bebidas que recolleron membros do Banco de Alimentos de Ourense.

A Asociación Rebulir entrega 400 Kg de alimentos

Botón volver arriba