Noticias

Aumenta a ciberdelincuencia en Valdeorras

Aumenta a ciberdelincuencia na comarca no Barco de Valdeorras provocando un incremento dos delitos rexistrados.

A xunta Local de Seguridade, copresidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, analizou o estado da seguridade.

Aumenta a ciberdelincuencia en Valdeorras

Entre os asuntos más destacados atopábanse a violencia de xénero, as previsións de seguridade nas vindeiras festas e o Plan Director para a Convivencia nos centros educativos. Tamén analizaron a situación relativa á seguridade cidadá destacando un incremento dos delitos graves e menos graves con respecto ós anteriores rexistros.

Unha das causas deste incremento son os delitos relacionados coa ciberdelincuencia. Casos de estafas, fraudes, ofertas falas e a utilización de datos bancarios figuran na maioría das denuncias rexistradas. O análise realizado tamén reflectiu un maior número de casos resoltos polos axentes da Garda Civil.

Aumenta a ciberdelincuencia en Valdeorras
Foto: Subdelegación do Goberno

Eladio Santos aproveitou a xuntanza para lembrar que «O Barco é un lugar seguro e habitable». Tamén lembrou que «en Galicia, vai haber 3.000 novos axentes en cada un destes corpos a partir da convocatoria que está en marcha neste momento«.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.