A Agrupación Cultural Avantar cumpre o seu 50 aniversario e celébrao cunha gala no Auditorio Manuel María do Carballiño.
No ano 1974, mozos e mozas do Carballiño puxeron en marcha un proxecto cultural que cubría as súas principais motivacións sociais e culturais.
Avantar celebra o seu 50 aniversario
Desde aquel momento, Avantar realizou unha intensa labor de fomento do pensamento libre, a tolerancia e o respaldo ás actividades culturais das que se beneficiou principalmente a vila do Carballiño.
Na Gala prevista para este sábado, 6 de xullo, está prevista a participación de numerosos artistas e agrupacións. Isidro Vidal, Tiruleque, O Leo, Dar Trela Teatro ou Roberto Sobrado forman parte do programa co que a Agrupación Cultural Avantar celebra o seu 50 aniversario no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 20:30h.