Noticias

Os incendios favorecen temporalmente as aves de espazos abertos no Xurés

Un estudio del CSIC y la USC revela que los incendios forestales favorecen temporalmente a aves de matorral y espacios abiertos no Xurés, moitas delas en declive e con interese de conservación.

O traballo, publicado na revista Fire no marco do proxecto RESFIRE, analizou 16 anos de incendios e seis tempadas de seguimento, entre 2020 e 2025. Rexistráronse 13.770 individuos de 67 especies en 210 puntos do parque natural.

Os incendios favorecen temporalmente as aves de espazos abertos no Xurés

A riqueza e abundancia de aves caen tras o lume, pero recuperan valores similares aos das zonas non queimadas en aproximadamente tres anos. As especies de matorral e espazos abertos superan incluso os seus niveis, mentres que as forestais presentan unha recuperación máis lenta.

Os incendios favorecen temporalmente as aves de espazos abertos no Xurés.
Foto: Cedida.

Entre as aves favorecidas figuran a papuxa montesa, a pica campestre e o roqueiro vermello, vinculadas a hábitats abertos que están a desaparecer polo abandono rural.

Os investigadores defenden manter unha paisaxe heteroxénea, combinando bosques, matorrais e zonas abertas, e apostar por ferramentas como o pastoreo extensivo, os desbroces selectivos ou as queimas prescritas para reducir o risco de grandes incendios.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba