Eventos

Barbadás celebra a II Foliada das Letras Galegas

O concello de Barbadás celebra a II Foliada das Letras Galegas cunha programación que inclúe música, gastronomía e xogos populares.

Un desfile pola rúa principal da Valenzá dará inicio á xornada que organiza o concello de Barbadás para celebrar o Día das Letras Galegas 2023.

Barbadás celebra a II Foliada das Letras Galegas

Tras as primeiras actuacións musicais, os asistentes celebrarán un xantar que contará coa animación musical previa do grupo de Cantos de Taberna «Cuncas do Son».

Será despois do xantar cando varios grupos de música tradicional realicen as súas actuacións ante o numerosos público que se agarda. A organización propón para esta xornada xogos tradicionais e unha feira de artesanía.

Barbadás celebra a II Foliada das Letras Galegas

Botón volver arriba