O concello de Barbadás celebra a Semana Europea da Mobilidade con actividades nas que terá un especial protagonismo o alumnado dos colexios públicos.
Desde hoxe, día 18, e ata o venres, 22 de setembro, a concellaría de Educación propón varias actividades para fomentar o uso de medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente.
Barbadás celebra a Semana da Mobilidade
A concienciación dos máis pequenos á hora de escoller os medios de transporte é fundamental para un futuro máis sostible. Por este motivo, son os máis cativos os que teñen un papel principal nas actividades que organiza o concello durante esta semana.
Mediante circuítos viarios, obradoiros de mobilidade e uso do transporte público, Barbadás celebra a Semana Europea da Mobilidade.
Programa de actividades
- Luns, día 18
Circuíto viario no CEIP FIlomena Dato - Martes, día 19
Circuíto viario no CEIP O Ruxidoiro
18h – Obradoiro «Axentes da Mobilidade» para nenos e nenas de 6 a 9 anos na Biblioteca Municipal. - Mércores, día 20
Charla «A túa amiga policía» para o alumnado de 5º e 6º de infantil dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro. - Xoves, día 21
Excursión alumnado do CEIP Filomena Dato a Loiro utilizando o transporte público.
18 a 20h – Xincana Ciclista na rúa Paseo dos Amieiros - Venres, día 22
Excursión do alumnado do CEIP O Ruxidoiro a Loiro utilizando o transporte público.