Eventos

Barbadás comeza o entroido con obradoiros

O concello de Barbadás comeza o entroido de 2023 con dous obradoiros que se realizarán no Museo da Gaita de Barbadás.

Un obradoiro de mecos e outro de máscaras servirán ós veciños de Barbadás para ir quentando o corpo ante as datas do Entroido.

Barbadás comeza o entroido con obradoiros

Ámbolos dous obradoiros terán lugar en sábado a partir das 17h. Os participantes terán que levar o seu propio material no obradoiro de mecos.

  • 28 de xaneiro – Obradoiro de Mecos
  • 4 de febreiro – Obradoiro de Máscaras
Barbadás comeza o entroido con obradoiros

As inscricións nestes obradoiros realizaranse a través do teléfono 988 360 413 ou no correo electrónico cet@barbadas.es

Botón volver arriba