O Concello de Barbadás pon en marcha o programa “Barbadás Concilia Verán 2025”, unha iniciativa de conciliación familiar que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.
As actividades, destinadas a nenos e nenas nados entre 2013 e 2021, terán lugar de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
“Concilia Verán 2025” ofrece 960 prazas en Barbadás
O programa ofrece un total de 960 prazas, repartidas en 240 prazas por quincena, con opcións dispoñibles en diferentes núcleos do concello: A Valenzá (Urbán A e B), Barbadás, As Lamas, Piñor, Sobrado, Bentraces, Parada, Loiro, Finca Fierro, Fonsillón e Santa Uxía.
As quendas están organizadas do seguinte xeito:
- 1ª quincena de xullo: do 1 ao 15 de xullo.
- 2ª quincena de xullo: do 16 ao 31 de xullo (excepto o 25, festivo).
- 1ª quincena de agosto: do 1 ao 14 de agosto.
- 2ª quincena de agosto: do 18 ao 29 de agosto.
O prazo de inscrición estará aberto entre o 7 e o 21 de abril, podendo ampliarse no caso de non cubrirse todas as prazas. A publicación da lista provisional de admitidos/as será o 12 de maio, e o prazo de pagamento irá do 13 ao 16 de maio. A lista definitiva publicarase o 26 de maio na web do Concello de Barbadás.

As inscricións poderán realizarse de forma telemática a través da sede electrónica, presencialmente na Casa do Concello ou Oficinas da Valenzá, ou nos rexistros establecidos na Lei 39/2015.
O custo por praza e quenda é de 20 euros por neno/a, e o pago realizarase mediante ingreso ou transferencia ao número de conta de ABANCA: ES21 2080 5342 5431 1000 9242, indicando como concepto “Barbadás Concilia” e o nome do menor. Non se realizarán devolucións, agás en casos xustificados por certificado médico presentado con 48 horas de antelación.
O programa está organizado pola Concellería de Educación do Concello de Barbadás