O concello de Barbadás organiza o II Paseo Literario «O Piñor de Carmen Martín Gaite» que terá lugar o sábado, 11 de maio.
David G. Couso, unha das persoas que mellor coñece a vida e obra de Carmen Martín Gaite, será o encargado de acompañar ós participantes para ofrecer valiosas informacións.
Barbadás organiza o II Paseo Literario
Organizado polo concello de Barbadás, este II Paseo Literario forma parte das actividades programadas para por en valor o vínculo que existe entre a localidade de San Lourenzo de Piñor e unha das mellores escritoras españolas das últimas décadas. En San Lourenzo de Piñor, Carmen Gaite pasou numerosos períodos vacacionais coa súa familia.
A inscrición nesta actividade será de balde previo rexistro telemático. O paseo comezará o sábado, 11 de maio, no Local Social de San Lourenzo de Piñor ás 10:30h.