O concello de Barbadás organiza Obradoiros de Manualidades que se levarán a cabo dende outubro de 2022 ata maio de 2023 nos locais sociais de varios núcleos de poboación.
Esta actividade promovida polo concello está dirixida á veciños e veciñas maiores de idade e terán que contar cunha inscrición mínima de 5 persoas.
Barbadás organiza Obradoiros de Manualidades
O prazo de inscrición para esta actividade está aberto ata o 15 de setembro e a mesma pode facerse a través da sede electrónica do concello ou nas oficinas municipais. O listado provisional de admitidos será publicado o 20 de setembro e o definitivo o día 26.
Si se cobren as cotas mínimas de participantes, os Obradoiros de Manualidades terán lugar nos locais sociais de:
- Bentraces
- Barbadás
- Loiro
- Sobrado do Bispo
- O Fonsillón
- Fonval (A Valenzá)
- As Lamas
- Finca Fierro
- Santa Uxía
- Piñor
- Parada de Piñor