Eventos

Barbadás recupera a Romaría Feminista

O concello de Barbadás recupera a Romaría Feminista tras non poder celebrar as edicións de 2020 e 2022 por mor da pandemia do covid19.

O parque situado fronte o Campo Municipal de Os Carris acollerá a III Romaría Feminista de Barbadás. Este evento terá lugar o sábado, 3 de setembro cun amplo programa de actividades.

Barbadás recupera a Romaría Feminista

Ó igual que en edicións anteriores, o concello de Barbadás elaborou un programa onde as mesas de debate será un dos elementos centrais. Á maiores, diversos postos gastronómicos e artesanais estarán no lugar durante a xornada. Para os máis cativos, o concello de Barbadás disporá unha zona infantil con diversas propostas.

Barbadás recupera a Romaría Feminista

A Romaría Feminista de Barbadás tamén contará na edición de 2022 cun importante programa musical. A actuación dos grupos The Tetas Band, A Banda da Loba e De Vacas serán un potente peche de xornada para un evento que volve tras dous anos de ausencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba