Bieito Silva Valdivia foi elixido como membro correspondente da Real Academia Galega na última sesión plenaria da institución.
A elección de Bieito Silva supón un recoñecemento máis para un dos maiores expertos de Galicia en planificación lingüística escolar e un gran coñecedor da situación da lingua galega no sistema educativo.
Bieito Silva foi elixido como membro da Real Academia Galega
Na mesma sesión plenaria, tamén foron elixidos a especialista en literatura infantil e xuvenil, Montse Pena Presas, e o responsable das áreas de patrimonio e cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez.
Bieito Silva Valdivia naceu na aldea de Bubaces (Lobios) no ano 1951. Especialista en didáctica da lingua galega, planificación lingüística escolar e formación do profesorado, é Doutor en Filosofía e Letras. Catedrático secundaria, profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela, coordinador do Instituto das Ciencias da Educación da USC foron algúns dos postos que desenvolveu durante a súa traxectoria.