Noticias

O BNG analiza a situación da sanidade en Ourense

O BNG analiza a situación da sanidade en Ourense nunha comparecencia dos seus deputados Noa Presas, Sonia Vidal e Iago Tabarés.

«É necesario que a Xunta inicie un cambio de rumbo para blindar en Ourense o dereito á sanidade pública» indica Noa Presas ante o que considera unha situación de «deterioro e crise».

O BNG analiza a situación da sanidade en Ourense

Na análise que realizaron sobre a situación da Área Sanitaria de Ourense, O Barco e Verín, destacaron o aumento dos problemas en Urxencias, UCI e cobertura de pediatría.

Tamén falaron do informe emitido recentemente polo Consello de Contas. «Ante a gravidade do Informe avanzamos a presentación de iniciativas no Parlamento Galego e a intensificación das campañas de rúa cun obxectivo claro, Ourense merece unha sanidade pública ben dotada, freando a privatización co reforzo de persoal e medios propios».

O BNG analiza a situación da sanidade en Ourense
Foto: BNG de Ourense

Para por cifras a esta situación, desde o BNG lembran que «en Ourense, no 2022 mentres a actividade propia medrou un 11%, a derivación a centros privados un 41% é dicir, aumenta máis a derivación a privados que o esforzo propio e sinálase que cada vez se fan máis intervencións de cirurxía menor en centros privados».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.