Noticias

O BNG de Barbadás cuestiona o uso partidista das redes sociais do concello

O grupo municipal do BNG de Barbadás cuestiona o uso partidista que o goberno local fai das redes sociais do concello.

Sarín Núñez, voceiro do BNG en Barbadás, indica que «os Concellos, ao igual que o resto de administracións públicas, deben ter como obxectivo principal o ben común».

O BNG de Barbadás cuestiona o uso partidista das redes sociais do concello

Desde o BNG destacan que o uso partidista das institucións «non sempre é por motivos directamente económicos, en moitas ocasións faise un uso partidista e interesado destas institucións e dos seus recursos en beneficio propio e interesado».

O BNG de Barbadás cuestiona o uso partidista das redes sociais do concello

Denuncian agora desde o BNG que «estamos vendo como o Grupo de Goberno de PSOE e DO non diferencian o uso dos recursos do Concello e os recursos das súas formacións políticas, e fan un uso partidista e interesado das redes sociais municipais e da súa páxina web, algo que desde o BNG rexeitamos, motivo polo que esixiremos ao Goberno Local que cese neste comportamento».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.