Noticias

O BNG critica un exiguo gasto social en Pereiro de Aguiar

O portavoz do BNG critica un «exiguo gasto social» nos orzamentos do concello do Periero de Aguiar para o ano 2024.

Na oponión de Rubén García, estamos «diante dun orzamento continuísta e que mantén un exiguo gasto social e faino nun momento de suba xeneralizada dos prezos e no que as familias vense profundamente afectadas».

O BNG critica un exiguo gasto social en Pereiro de Aguiar

Estas críticas realizadas polo portavoz do BNG no concello do Pereiro de Aguiar chegan trala aprobación dos orzamentos de 2024 que ascenden a 6.815.000 euros.

García destaca «as escasas partidas en rehabilitación ou para o alugueiro de vivendas con 10.000 euros, os apenas 3.000 euros para emerxencia social ou para as axudas á compra de libros de texto son algúns exemplos do escaso contido social dun orzamento que non resposta á situación e ás necesidades reais da veciñanza do Pereiro».

O BNG critica un exiguo gasto social en Pereiro de Aguiar
Foto: BNG do Pereiro de Aguiar

Tamén sinala o portavoz do BNG o escaso importe dedicado a investimentos. «Dun montante total de algo máis de 6,8 millóns de euros, apenas se adican 160.000 euros a infraestrutura nova, deixando o resto das partidas de inversión para renovacións ou mantementos, sen que proxectos necesarios como é o de construir un auditorio ou unha Casa da Cultura podan realizarse pese a poder empregar parte do remanente de tesouraría do exercicio pasado e do actual para tal fin».

Botón volver arriba