Eventos

Caamaño&Ameixeiras presentan «Quitar o aire» no Liceo de Ourense

O dúo Caamaño&Ameixeiras presentan o seu novo traballo «Quitar o aire» no Liceo de Ourense este sábado, 27 de xaneiro, ás 20h.

O Liceo de Ourense acolle no último sábado do mes de febreiro un concerto dun dos grupos con máis calidade da escena musical galega na actualidade.

Caamaño&Ameixeiras presentan «Quitar o aire» no Liceo de Ourense

Este grupo formado por Sabela Caamaño (acordeón) e Antía Ameixeiras (voz e violín) comezou no 2018 e conta xa cunha importante traxectoria a nivel nacional e internacional. Mediante composicións e arranxos propios, estas dúas artistas logran manter unha linguaxe propia na que mesturan o tradicional con recursos contemporáneos.

O disco «Quitar o aire» chegou no mes de outubro de 2023 para recoller a testemuña do éxito que obtivo o primeiro traballo. «Aire!», editado en 2021, logrou o Premio Martín Xodax da Música 2021 na categoría de Folk e o 1º Premio no Folkez Blai 2021 de Ermua (País Vasco).​

O Concerto que Caamaño&Ameixeiras ofrecerán no Liceo de Ourense será o sábado, 27 de xaneiro de 2024, ás 20h. O prezo das entradas será de 10€ e terán un desconto do 50% as persoas que sexan socios do Liceo de Ourense.

Botón volver arriba