Unha vez rematada a sexta edición de Car Outlet Oruense, este evento permitiu a venta de máis de 100 vehículos ós 15 concesionarios participantes.
Este evento que organizan Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense – ACAUTO aumentou neste edición o número de visitantes.
Car Outlet Ourense permitiu a venta de máis de 100 vehículos
Máis de 3.500 persoas visitaron este salón no que estaban expostos máis de 400 vehículos de 23 marcas distintas.
Desde ACAUTO indican que os visitantes a este evento chegan «con clara intención de compra, cunha idea bastante clara do que viñan buscar e cun orzamento tope que se adapte ao que tiñan pensado investir».
Ademais das ventas que se pecharon durante o evento, desde ACAUTO destacan que «esta cita serve moitas veces máis toma de contacto que de venda directa e a transacción confírmase días despois».