Noticias

Cargos nacionais apoian ó candidato de Podemos

Cargos nacionais do partido apoian ó candidato de Podemos pola provincia de Ourense, Víctor Ferreiro, durante un acto na cidade de Ourense.

María Teresa Pérez, voceira estatal e Coordinadora de Podemos Valencia, e Javier Sánchez Serna, Coordinador de Podemos Murcia e deputado no Congreso, estiveron en Ourense.

Cargos nacionais apoian ó candidato de Podemos

«O señor Rueda tería que dar unha explicación sobre porqué hai galegas e galegos vivindo en condicións indecentes cando teñen unha porcentaxe tan alta de vivenda baleira». Esta é unha das mensaxes que lanzou a voceira estatal que tamén presentou unha solución. «Regular os prezos do alugueiro, porque todas teñen dereito a vivir dignamente, e vivenda e un dereito, non un ben mercado para facer negocio».

Cargos nacionais apoian ó candidato de Podemos
Foto: Podemos Ourense

Víctor Ferreiro, candidato de Podemos por Ourense, chamou a «votar en conciencia, a votar como pensas». Ferreiro sinalou «o verdadeiro voto útil» que representa Podemos recordou que «as ideas emancipadoras que levamos no noso programa ao principio eran consideradas como mera utopías, e hoxe esas utopías son leis».

Botón volver arriba