Carmen Rodríguez Dacosta, número 1 da candidatura socialista por Ourense, reúnese coa directiva de ASOU para coñecer as necesidades da entidade.
Na reunión tamén estivo presente a deputada do PSdeG-PSOE por Ourense, Marga Martín, que indicou que «quixemos ofrecerlle, nesta visita, o noso apoio e total dispoñibilidade aos e ás usuarias desta entidade que en 2024 celebra o seu cincuenta aniversario e que leva tantos anos loitando pola integración».
Carmen Rodríguez Dacosta reúnese coa directiva de ASOU
Martín Luis Becerra, presidente de ASOU, e Sara Janeiro, secretaria da entidade, mostraron ás representes socialistas as barreiras coas que loitan no día a día.
Carmen Rodríguez Dacosta recordou que «os e as socialistas de Galicia, con José Ramón Gómez Besteiro á cabeza, impulsaremos as políticas de integración das persoas con discapacidade porque realmente é necesario e teñen os mesmos dereitos que todas e todos».