Eventos

Cea Baile de Comadres en Barbadás

O local social FONVAL acollerá un ano ano máis a Cea Baile de Comadres no concello de Barbadás o venres, 17 de febreiro.

Este evento forma parte da programación do Entroido de Barbadás dende fai anos e mantense pola gran demanda existente entre a veciñanza por participar.

Cea Baile de Comadres en Barbadás

A Cea de Comadres supón un momento de convivencia e diversión entre os veciños mentres gozan dun gran manxar. O menú deste ano será un bo cocido acompañado por bebidas, pan e postre e rematado por uns chupitos.

Cea Baile de Comadres en Barbadás

O prezo do menú é de 18€ e a inscrición pode realizar no mesmo local Fonval en horario de 17 a 21h.

Ó remate da cea, un DJ animará o baile co que os asistentes poderán axudar a dixerir o cocido anterior. Diversión, disfraces e convivencia veciñal para animar o Entroido 2023 en Barbadás.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba