A escritora Chus Pato presenta a súa última obra Sonora na Librería Eixo de Ourense este xoves, 25 de xaneiro, ás 19:30h.
Ourensana de nacemento, María Jesús «Chus» Pato Díaz é unha das escritoras máis destacadas de Galicia na actualidade. Desde 2018 é Académica de número da Real Academia Galega. Chus Pato tamén pertence á directiva do padroado da Fundación Rosalía de Castro e ó padroado da Fundación Uxío Novoneyra.
Chus Pato presenta Sonora na Librería Eixo de Ourense
Desde a publicación dos seus primeiros traballos, Chus Pato mostrou unha gran calidade literaria. Estes traballos recibiron o respaldo dos lectores e foron recoñecidos con numerosos premios. A súa obra «Hordas de escritura» (Xerais 2008) foi merecedor do Premio Nacional da Crítica, o Premio Losada Diéguez e o Premio Mondoñedo10.
Outros libros como «Urania», «Nínive» ou «Carne de Leviatán» forman parte dunha extensa e valiosa produción literaria que tivo no ano 2018 un recoñecemento especial ó recibir o Premio Clara Campoamor do concello de Ourense. O xurado destacou da obra de Chus Pato que «é recoñecida máis alá das nosas fronteiras, sendo traducida a súa poesía ó español, inglés, portugués, serbio, polaco, alemán, italiano e ó árabe, entre outros, polo que está presente en todas as antoloxías internacionais».
«Sonora» de Chus Pato
A autora presenta na súa obra «Sonora» na Librería Eixo de Ourense (Cardenal Quevedo, 36) nun acto que contará coa presenza do director de Xerais, Fran Alonso. A presentación comezará ás 19:30h.