Eventos

Ourense acollerá un concerto solidario a favor de AFAOR 2.0

O Teatro Principal de Teatro Principal de Ourense será escenario o vindeiro 16 de maio de 2026 dun concerto benéfico impulsado por Dr. SLUMP Banda, xunto con Prosoda e Ourense Producciones.

O obxectivo deste evento é recadar fondos para a asociación AFAOR 2.0 Alzheimer. Este evento levará por lema “Recordareino por ti”.

Ourense acollerá un concerto solidario a favor de AFAOR 2.0

A iniciativa nace coa intención de combinar música en directo, solidariedade e participación social nunha cita cultural con impacto real na provincia. Segundo explican os promotores, o proxecto xorde “da vontade de seguir, de apoiar e de non mirar cara outro lado”, convertendo a cultura nunha ferramenta de apoio ás persoas que conviven co Alzheimer.

O concerto terá un formato de hora e media de duración e contará coas actuacións de Dr. SLUMP Banda, Javi Maneiro e o Coro Xuvenil Cantiga. Lucía Rodríguez será a presentadora deste evento solidario.

Os beneficios obtidos destinaranse integramente a AFAOR 2.0, entidade declarada de utilidade pública que traballa na atención, apoio e acompañamento de persoas enfermas de Alzheimer e das súas familias.

Ourense acollerá un concerto solidario a favor de AFAOR 2.0

Desde a organización destacan que esta proposta busca tamén concienciar sobre a importancia da solidariedade, implicar ao tecido empresarial local en proxectos sociais e sentar as bases para futuras edicións deste concerto benéfico.

Botón volver arriba