Eventos

Concurso de disfraces en Taboadela

Dentro de la programación de carnaval, habrá un concurso de disfraces en Taboadela. El Ayuntamiento organiza un concurso para comparsas y participantes individuales.

El concurso será el sábado 22 de febrero a las 17h en el Polideportivo de Taboadela. Los interesados en participar tendrán que inscribirse en las oficinas municipales antes del 19 de febrero.

Concurso de disfraces en Taboadela
Concurso de disfraces en Taboadela

Concurso de disfraces de Taboadela 2020

(Bases en gallego)

PRIMEIRA.- Organización

O concello de Taboadela convoca un concurso de disfraces para comparsas, disfraces individuais para adultos e nenos que se celebrará con motivo do Entroido 2020, o sábado 22 de febreiro, ás 17:00 horas, no Polideportivo de Taboadela.

SEGUNDA.- Solicitude de inscrición e documentación a achegar

A inscrición dos participantes farase nas oficinas do Concello de Taboadela, en impreso normalizado para este fin, dende o día 24 de xaneiro ata o día 19 de febreiro de 2020 en horario de 09:00 a 14:00 horas.

TERCEIRA.- Requisitos de participación

A participación está aberta a todas as persoas interesadas. Nas solicitudes de participación deberán figurar o nome do disfraz individual ou comparsa. A participación no concurso implica a aceptación das bases, sendo a decisión do xurada inapelable.

CUARTA.- Modalidades de participación

As modalidades nas que se pode participar no concurso son:

  • Comparsas: estarán compostas por un mínimo de 6 persoas
  • Individual infantil; ata os 15 anos incluídos
  • Individual adultos: a partir dos 16 anos

QUINTA.- Composición do xurado

A calificación das comparsas e disfraces individuais será determinada polo xurado do concurso,que estará formado por:

  • Presidente: Concelleira de Lecer, Xuventude e Tempo Libre ou persoa que a substitúa.
  • Vogais:- Un representante do Concello e unha persoa designada entre o público asistente.

SEXTA.- Criterios de Avaliación

Cada membro do Xurado valorará os seguintes criterios:

  • – Orixinalidade e simpatía
  • – Respeto ao meido ambiente: uso de materiais reciclados, naturais e / ou feitos a man.
  • – Disfraz mais enxebre ou tradicional
  • – Laboriosidade
  • – Vistosidade e Calidade

Cada un destes criterios será calificado de 1 a 5 puntos en cada comparsa e disfraz individual participante. Ademais, na categoría de comparsa valoraráse de 1 a 5 a parodia/ escenificación, e música que os acompañen. No suposto de empate, procederáse a unha segunda puntuación.

SÉTIMA.- Contía dos premios

Concederánse os seguintes premios segundo as distintas categorías:

Comparsas:

  • Premio á comparsa máis respetuosa co medio ambiente – dotado con 150 €.
  • Premio á comparsa máis orixinal e simpática- dotado con 150 €
  • Individual Infantil: Premio ao disfraz máis respetuoso co medio ambiente – dotado con 60 €.
  • Premio ao disfraz máis orixinal e simpático- dotado con 60 €
  • Individual Adultos: Premio ao disfraz máis respetuoso co medio ambiente – dotado con 60 €.
  • Premio ao disfraz máis orixinal e simpática- dotado con 60 €

Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado do concurso.

OITAVA: Entrega de diplomas acreditativos

A entrega dos diplomas acreditativos dos premios terán lugar o mesmo día da celebración do Entroido: unha vez feita a avaliación polo Xurado, o Alcalde fará público o resultado.

NOVENA.- Cobro dos premios

Para poder cobrar os premios económicos deberán entregar, ó longo do mes de marzo de xeito inescusable, unha copia do diploma acreditativo do dito premio nas oficinas do Concello de Taboadela, achegando neste momento, certificado de titularidade da conta bancaria do participante/s ou do representante da comparsa segundo o caso.

De non presentar esta documentación no prazo sinalado perderase o dereito a cobrar o dito premio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba