Lanzan un concurso de proxectos para a rehabilitación do futuro local social de Muimenta, no concello de Carballeda de Avia.
O Colexio de Arquitectos de Galicia e o Concello de Carballeda de Avia impulsan esta iniciativa que permitirá converter unha edificación en ruínas nun local social.
Concurso de proxectos para o local social de Muimenta
A infraestrutura conta tamén cun amplo espazo circundante que agora será obxecto dunha renovación integral.
Luciano Alfaya, decano do COAG, Emma Noriega, presidenta do COAG de Ourense, e Luis Milia, alcalde de Carballeda de Avia firmaron este convenio de colaboración.
A calidade arquitectónica e a sustentabilidade enerxética e medioambiental serán os principais criterios a avaliar. Unha vez rematado este proxecto, a veciñanza de Muimenta gozará dun espazo que lles permitirá realizar actividades e manter un lugar de encontro.
O primeiro premio deste concurso será de 8.000 euros, sendo de 6.000 e 4.000 euros para os proxectos que teñan a segunda e terceira posición.