Eventos

Programación de Nadal en Carballeda de Avia

A programación de Nadal que presentou o concello de Carballeda de Avia para rematar este ano 2023 inclúe actividades para todas as idades.

As datas do Nadal teñen un significado especial para os máis cativos ó poder compartir as súas ilusións coas súas familias.

Programación de Nadal en Carballeda de Avia

En Carballeda de Avia, a programación de Nadal ten como claros protagonistas ós nenos e nenas que terán a visita de Papa Noel, un festival escolar e a visita a Pazolandia entre outras propostas.

Os Reis Magos tamén visitarán Carballeda de Avia onde farán unha visita moi especial ás persoas que residen no Xeriátrico.

Programación de Nadal en Carballeda de Avia
  • Venres 15 de Decembro
    15.30 h – Centro de Día, manualidades de Nadal (Centro de Mesa).
  • Mércores 20 de Decembro
    17.30 horas – II Festival de Nadal no CEIP de Pena Corneira.
  • Xoves 21 de decembro
    11h – Visita de Papá Noel á Casa Niño para despois dirixirse ao CEIP de Pena Corneira ás 11.30h.
  • 22 de Decembro ata o 5 de Xaneiro
    Campamento de Nadal para os nenos do CEIP Pena Corneira e empadroados (3 e 14 anos). Excursións: teatro e Pazolandia.
  • 5 de Xaneiro
    Visita dos nosos maxestades Reis Magos de Oriente ao xeriátrico de Carballeda de Avia e cabalgata ata o Concello.
  • Ata o día 27 de Decembro
    I Concurso de Fachadas de Decoración Navideña.

Botón volver arriba