Eventos

50 sombras de Grey e Lorazepan en Carballeda de Avia

«50 sombras de Grey e Lorazepan» é o título da obra artística que chega este venres, 28 de outubro a Carballeda de Avia da man do Centro de Información á Muller.

A obra da artista Ana Peaguda permite facer un percorrido polas distintas fases que o noso sistema emocional sufre durante un proceso de Violencia de Xénero.

50 sombras de Grey e Lorazepan en Carballeda de Avia

  • A presentación da exposición será ás 18h no Concello de Carballeda de Avia
  • Román Arias, asesor xurídico do CIM de Carballeda de Avia, explicará ás 18:15h o proceso de denuncia por maltrato e responderá as preguntas que se formulen
  • Ás 19h realizarase unha presentación do persoal do CIM de Celanova, entidade encargada de promover esta exposición
  • A artista, Ana Peaguda, intervirá ás 19:15h para explicar o contido da súa obra
50 sombras de Grey e Lorazepan en Carballeda de Avia

Botón volver arriba