Unha conferencia sobre Condutas Aditivas terá lugar o vindeiro mércores, 23 de marzo, no Colexio Luis Vives de Ourense.
A Escola de Saúde do Colexio Luis Vives de Ourense segue coa programación de conferencias. Nesta ocasión, o tema a tratar será a detección e prevención de condutas aditivas.
Conferencia sobre Condutas Aditivas
O doutor Gerardo Flórez Menéndez, médico psiquiatra do Hospital de Ourense será o encargado de mostrar ás familias as liñas a seguir neste eido. Desde a súa posición como Director da Unidade de Alcoholismo, Tabaquismo e Xogo Patolóxico, a súa experiencia pode aportar importantes ferramentas ós pais e nais que asistan á conferencia.
Esta conferencia está aberta ó público en xeral, non sendo preciso pertencer á comunidade educativa do colexio. A entrada ó evento é libre sendo o aforo limitado.