Eventos

Conversa sobre arte no Marcos Valcárcel

Este sábado poderemos gozar dunha conversa sobre arte no Centro Cultural Marcos Valcárcel da man de dúas voces do mundo da arte contemporánea.

Este diálogo xurde da exposición «Libro de Horas» da artista Marita Carmona e concretamente da obra «Bicar un León».

Conversa sobre arte no Marcos Valcárcel

Coa presentación de Olga Pastor, a autora da exposición, Marita Carmona, e o artista Pablo Otero, recrearán a conversa que aparece no citado cadro. Ambos artistas dialogarán sobre a exposición fixando a súa mirada nos temas e motivacións utilizados.

Conversa sobre arte no Marcos Valcárcel

O proceso de inspiración da obra de Marita Carmona será analizado ante a presenza de todas as persoas que asistan. A cita, este sábado 23 de marzo ás 11:30h no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Botón volver arriba