A partir de hoxe produciranse cortes de tráfico en varias rúas polas Festas de Ourense que comezan este mércores e rematan o domingo, día 26.
Un dos inconvenientes de realizar festexos en zonas urbanas son as molestias que se ocasionan ós veciños en relación ó trafico rodado é os ruídos xerados.
Cortes de tráfico polas Festas de Ourense
Ó carecer dun espazo adecuado para celebrar as Festas de Ourense, o concello ten que pechar varias rúas para instalar os escenarios das actuacións. As rúas Pardo de Cela, Progreso e Parque Barbaña terán cortes intermitentes da circulación.
Avenida Pardo de Cela
- Día 22 a partir das 10h – corte da circulación agás acceso á garaxes
- Desde o día 23 ás 23h ata o día 25 ás 05:00h – corte por montaxe de escenario
- Unha hora antes de cada actuación e ata o remate das mesmas quedará cortado o acceso á garaxes.
Rúa do Progreso
- Corte por montaxe de escenario desde as 13h ata as 05:00h do día seguinte a cada actuación.
- O corte afecta ó tramo desde a intersección con Ervedelo e a Praza de Abastos.
- Unha hora antes de cada actuación quedará prohibido todo acceso.
Parque Barbaña
- A partir das 18h queda cortada a circulación das rúas Salvador de Madariaga, Pura e Dora Vázquez, Doutor Fleming-Portocarreiro, Ponte Pedriña – Avilés de Taramancos.