O concello de Ourense non terá tren turístico durante o ano 2025 segundo informan desde o Grupo Municipal Socialista.
Fai uns días que o concello anunciaba que a piscina das Burgas continuaría pechada durante nove meses máis.
Ourense non terá tren turístico durante 2025
«Despois de que reiteradamente, tanto nas Xuntas de Área como nos plenos do Concello de Ourense, reiterase que estaba a piques de abrirse resultou que non vai ser así» sinalou o concelleiro do PsdeG-PSOE, José Ángel Vázquez Barquero.
Non é esta a única noticia que afecta ó sector termal do concello de Ourense pois segundo indican desde o Partido Socialista, os trens turísticos tampouco entrarán en funcionamento.

Estes vehículos conectaban as termas co centro da cidade mediante un percorrido que comezaba na Praza Maior e remataba nas termas de Outariz. «Na primeira sesión plenaria deste mes de xaneiro xa preguntamos cando tiña pensado o executivo poñer en marcha os trens que se retiraron de circulación hai máis dun ano e o alcalde contestou que tardarían preto dun ano máis en volver a empregarse» engade Vázquez Barquero.
Lamenta o concelleiro socialista a «clarísima involución no termalismo da cidade» que conta con «infraestruturas directamente pechadas e outras funcionando en precario».