O Concello de Ourense está a adaptar os semáforos da cidade á nova normativa estatal da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que entrará en vigor o próximo 1 de outubro.
O Real Decreto 518/2026 establece que, nos pasos de peóns regulados por semáforos, non poderá coincidir a luz amarela intermitente para os vehículos coa luz verde para os viandantes.
Ourense adapta os semáforos á nova normativa da DXT
A nova regulación tamén determina que, cando se empregue a fase amarela intermitente para os vehículos, esta deberá estar precedida por unha luz vermella fixa. A medida afecta, entre outras situacións, aos xiros cara a vías nas que exista un paso peonil.

O Concello xa iniciou a reprogramación dos semáforos en diferentes interseccións e continuará cos traballos necesarios para adaptar os cruces á nova normativa.
Desde o Concello solicitan aos condutores que presten especial atención ás novas fases semafóricas, respecten a sinalización e eviten bloquear as interseccións. Tamén lembran a necesidade de seguir as indicacións dos axentes da Policía Local.

