Noticias

O Auriense busca en Oira o pase á seguinte rolda da Copa do Rei

O Auriense C. A. recibe este domingo, 27 de setembro, ás 12:00 h, no campo municipal de Oira, o Club Deportivo San José de Soria na ida da eliminatoria previa da Copa do Rei.

Este encontro foi presentado no salón de plenos do Concello baixo o lema «Ven vivir o soño da Copa do Rei, unha cidade unida pola copa».

O Auriense busca en Oira o pase á seguinte rolda da Copa do Rei

No acto estivo presente o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira; a concelleira de Mobilidade, Ana Fernández; representantes do club, o adestrador Dani Prado e o capitán Sergio Cuña.

O Auriense busca en Oira o pase á seguinte rolda da Copa do Rei
Foto: Concello de Ourense.

O Auriense chega á competición tras proclamarse campión da Supercopa de Galicia ante o Negreira. A eliminatoria resolverase no partido de volta, o 4 de outubro, e o equipo que avance enfrontarase posteriormente a un rival da Primeira División.

Sergio Cuña destacou a ilusión do equipo por estar «a un pasiño de xogar contra un Primeira División» e pediu o apoio da afección nas bancadas de Oira.

Pola súa banda, Dani Prado asegurou que o conxunto ourensán afronta a cita «coa ilusión de facer historia para o club» e definiu o encontro como «moi igualado» ante un rival da mesma categoría. O técnico tamén subliñou a importancia da afección para o equipo.

Botón volver arriba