Noticias

Cortes de tráfico polas Festas de Ourense

A partir de hoxe produciranse cortes de tráfico en varias rúas polas Festas de Ourense que comezan este mércores e rematan o domingo, día 26.

Un dos inconvenientes de realizar festexos en zonas urbanas son as molestias que se ocasionan ós veciños en relación ó trafico rodado é os ruídos xerados.

Cortes de tráfico polas Festas de Ourense

Ó carecer dun espazo adecuado para celebrar as Festas de Ourense, o concello ten que pechar varias rúas para instalar os escenarios das actuacións. As rúas Pardo de Cela, Progreso e Parque Barbaña terán cortes intermitentes da circulación.

Cortes de tráfico polas Festas de Ourense

Avenida Pardo de Cela

  • Día 22 a partir das 10h – corte da circulación agás acceso á garaxes
  • Desde o día 23 ás 23h ata o día 25 ás 05:00h – corte por montaxe de escenario
  • Unha hora antes de cada actuación e ata o remate das mesmas quedará cortado o acceso á garaxes.

Rúa do Progreso

  • Corte por montaxe de escenario desde as 13h ata as 05:00h do día seguinte a cada actuación.
  • O corte afecta ó tramo desde a intersección con Ervedelo e a Praza de Abastos.
  • Unha hora antes de cada actuación quedará prohibido todo acceso.

Parque Barbaña

  • A partir das 18h queda cortada a circulación das rúas Salvador de Madariaga, Pura e Dora Vázquez, Doutor Fleming-Portocarreiro, Ponte Pedriña – Avilés de Taramancos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.