Noticias

Jácome recupera os Bonos Comercio para dinamizar o consumo

O Concello de Ourense prepara unha nova edición dos Bonos Comercio, unha iniciativa coa que o goberno municipal prevé mobilizar 10 millóns de euros en compras nos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de modificación orzamentaria 4P/2026, que permitirá dotar de crédito o programa. A proposta, que recupera o modelo aplicado en 2023, será agora elevada ao Pleno para a súa aprobación provisional.

Jácome recupera os Bonos Comercio para dinamizar o consumo

O alcalde, Gonzalo Jácome, defendeu a continuidade da iniciativa e asegurou que “foi unha das mellores cousas que se fixeron na cidade nos últimos anos”. Segundo explicou, os bonos permiten devolver parte dos impostos á cidadanía e, ao mesmo tempo, dinamizar o pequeno comercio e a hostalaría local.

Jácome recupera os Bonos Comercio para dinamizar o consumo

Jácome lembrou que na anterior edición participaron arredor de 1.000 establecementos e destacou que a medida non só atraeu clientes aos negocios físicos, senón que tamén contribuíu á súa fidelización.

A nova convocatoria financiarase con fondos procedentes do remanente de tesourería para gastos xerais.

Botón volver arriba