Cristina Pato e Xaime Fandiño crean «Esenciais 20/50». Esta iniciativa nace co obxectivo de facernos reflexionar sobre os estereotipos que se asignan a cada franxa de idade.
As 12 da mañá, o Liceo de Ourense acollerá a presentación de unha iniciativa que nace da colaboración de Cristina Pato, artista multidisciplinar (música, escritora, educadora e produtora), e Xaime Fandiño, profesor xubilado da USC e creador audiovisual.
Cristina Pato e Xaime Fandiño crean «Esenciais 20/50»
Esta iniciativa que xurde como un laboratorio de creación e pensamento ten o sustento de Cunde e a Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento. Con «Esenciais 20/50», as artes e a sociedade serán o fío condutor dun proceso de reflexión sobre a visión que a nosa sociedade ten en función da idade. Os estereotipos que asignamos ás distintas idades, especialmente ós maiores, terán un lugar de análise nesta iniciativa.
Mediante diversos eventos que combinarán elementos sociais e artísticos, a mostra terá o seu punto álxido nunha gala que se celebrará o 18 de decembro no Teatro Principal de Ourense.
Presentación de «Esenciais 20/50»
Salón Noble do Liceo de Ourense
Venres, 3 de decembro ás 12h.
Participan:
- Cristina Pato – Música, escritora, educadora e produtora,
- Xaime Fandiño – Profesor xubilado da USC e creador audiovisual,
- Marina Oural – Codirectora da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento.