Eventos

Cristina Pato e Xaime Fandiño crean «Esenciais 20/50»

Cristina Pato e Xaime Fandiño crean «Esenciais 20/50». Esta iniciativa nace co obxectivo de facernos reflexionar sobre os estereotipos que se asignan a cada franxa de idade.

As 12 da mañá, o Liceo de Ourense acollerá a presentación de unha iniciativa que nace da colaboración de Cristina Pato, artista multidisciplinar (música, escritora, educadora e produtora), e Xaime Fandiño, profesor xubilado da USC e creador audiovisual.

Cristina Pato e Xaime Fandiño crean «Esenciais 20/50»

Esta iniciativa que xurde como un laboratorio de creación e pensamento ten o sustento de Cunde e a Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento. Con «Esenciais 20/50», as artes e a sociedade serán o fío condutor dun proceso de reflexión sobre a visión que a nosa sociedade ten en función da idade. Os estereotipos que asignamos ás distintas idades, especialmente ós maiores, terán un lugar de análise nesta iniciativa.

Cristina Pato e Xaime Fandiño crean "Esenciais 20/50"

Mediante diversos eventos que combinarán elementos sociais e artísticos, a mostra terá o seu punto álxido nunha gala que se celebrará o 18 de decembro no Teatro Principal de Ourense.

Presentación de «Esenciais 20/50»

Salón Noble do Liceo de Ourense

Venres, 3 de decembro ás 12h.

Participan:

  • Cristina Pato – Música, escritora, educadora e produtora,
  • Xaime Fandiño – Profesor xubilado da USC e creador audiovisual,
  • Marina Oural – Codirectora da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba