Noticias

Datas do Entroido de Xinzo de Limia 2024

Cales son as datas do Entroido de Xinzo de Limia 2024? Que día comeza esta festa considerada «o entroido máis largo do mundo».

No ano 2024, o calendario non nos ofrece un período de descanso tras gozar coa programación de Nadal que os diferentes concellos e entidades desenvolveron durante esas datas.

Entroido de Xinzo de Limia 2024

As datas do calendario traen este ano unha celebración do entroido que cae a mediados do mes de febreiro, provocando que deixemos o turrón e collamos de inmediato o noso disfrace. No caso de Xinzo de Limia, ó celebrar o entroido durante cinco semanas consecutivas, esta festa comezará moito antes.

O 20 de Xaneiro, Xinzo de Limia comezará o entroido 2024 cunha programación que está a piques de saír pero da que xa coñecemos as datas principais. Esta Festa de Interese Turístico Internacional posúe unha identidade propia na que destacan os domingos Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, de Entroido e de Piñata.

Datas do Entroido de Xinzo de Limia 2024
Cartel do Entroido de Xinzo de Limia 2024.
Autor: Roberto Nogueiras, Vilar de Santos.

As pantallas xa están preparadas para vivir esta festa na que Xinzo de Limia se transforma para crear un dos mellores Entroidos de España.

Datas do Entroido de Xinzo de Limia 2024

  • Petardazo (sábado) – 20 de Xaneiro
  • Domingo Fareleiro – 21 de xaneiro
  • Colgamento (sábado) – 27 de xaneiro
  • Domingo Oleiro – 28 de xaneiro
  • Domingo Corredoiro – 4 de febreiro
  • Domingo de Entroido – 11 de febreiro
  • Martes de Entroido – 13 de febreiro
  • Enterro da Sardiña – 14 de febreiro
  • Domingo de Piñata – 18 de febreiro

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.