Deporte e Turismo chegan de novo a Expourense coa celebración do IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte e o Salón do Deporte e Turismo Activo «Sportur Galicia».
Na presentación deste evento no que conviven o Deporte e o Turismo, puidemos ver as principais propostas que terá a edición de 2023.
Deporte e Turismo chegan a Expourense
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o deputado de Turismo da Deputación Provincial de Ourense e presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, e o director deportivo de Expourense, Mario González estiveron presentes no acto de presentación deste evento.

Foto: Expourense
Durante os días 30 de novembro e 1 de decembro, Expourense acolle unha cita na que se analizará o impacto que os grandes eventos deportivos teñen no turismo.
IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte
O IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte contará na edición deste ano con 23 expertos que mostrarán o impacto que as actividades deportivas teñen na oferta turística dunha localidade. A influencia que o deporte ten para atraer turismo pode ser unha ferramenta eficaz para promover o desenvolvemento económico.

Imaxe: Expourense
SPORTUR GALICIA
O VI Salón do Deporte e Turismo Activo contará con 50 participantes. Entre eles inclúense clubs deportivos e federacións compartirán espazo con destinos turísticos de Galicia e Portugal. Estes lugares que estarán presentes en Sportur Galicia 2023 teñen en común a promoción dun turismo activo e en contacto coa natureza.