Eventos

Día grande de Entroido en Barbadás

Este martes é o día grande de Entroido en Barbadás ó celebrarse o desfile pola Avenida de Celanova, rúa principal da localidade.

Ás 17h comezará o evento máis multitudinario do Entroido 2023 en nun dos concellos máis dinámicos da provincia. Barbadás agarda un ano máis unha gran participación de comparsas, carrozas e público.

Día grande de Entroido en Barbadás

A rúa principal da Valenzá será unha vez máis un gran escenario de Entroido ó acoller as numerosas comparsas que aportarán a súa animación, ledicia e colorido a esta festa. Premios de ata 1.000 euros para a mellor comparsa e a mellor carroza son un reclamo engadido para fomentar a participación.

Día grande de Entroido en Barbadás

Tralo éxito de participación rexistrado nos eventos celebrados nos días anteriores como o desfile infantil do venres día 17 e a Teenagers Party do luns de Entroido, agárdase unha nova xornada multitudinaria.

Botón volver arriba